Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 17 de xullo de 2010

Telefónica e os convenios coa Consellería de Educación

Luns, 12 de xullo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia na súa web un acordo entre Telefónica e a Consellería de Educación polo que se ofertarán móbiles en galego e mediante o que se aseguraba que  poderíamos "facer calquera comunicación coa compañía, oral ou escrita, en galego, garantindo que exerzan así o seu dereito a ser atendidos" en galego.
Na mesma semana, sábado 17 de xullo, cernekernel escribe no seu blogue un post no que denuncia que unha teleoperadora da mesma compañía lle berra "Viva España" despois de que el lle pedira que o atenderan en galego nunha chamada que lle facían desde Telefónica para venderlle unha liña ADSL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario