Vía Brétemas chegounos o vídeo.
Un dos libros que aparece neste book-trailer realizado no ano 1992 é o de matemáticas de 1º de BUP do colectivo Vacaloura, o libro co que nace a editorial Xerais a finais dos anos 70.
Entre as mensaxes a destacar está a que se gaba da " autilización do galego como lingua vehicular no ensino, non reducida exclusivamente á asignatura obrigatoria". Eran os primeiros tempos da extensión cun certo grao de importancia, do galego a outras materias distintas da de lingua e literatura. Por poñer un exemplo, nesta época non había libros de matemáticas de secundaria. O colectivo Vacaloura esvaérase e a Xunta, en 10 anos de existencia, non fora quen de normalizar o uso da lingua galega no ensino.
Agora, case 20 anos despois da elaboración deste documento, estamos na éxira da prohibición do galego nas clases de matemáticas. Volvemos ao punto de partida. Cómpre un novo colectivo Vacaloura que, como na altura, faga unha fenda no terrible sistema executivo e lexislativo actual e volva a sacar á luz dos novos tempos un texto de matemáticas en galego.
A ver que pasa.
«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario