Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 28 de xullo de 2010

O constitucional deber de a coñecer

por Nel Vidal Barral, na Peneira:

Xa está. Xa non hai dúbidas e xa non pode haber máis desculpas.
O Tribunal Constitucional botara abaixo nos 80 o deber de coñecer o galego que o noso parlamento acordara na Lei de normalización lingüística, mais había quen interpretaba que era porque ese deber era insconstitucional e quen interpretaba que era porque ese deber non podía estabelecerse nunha lei sen estar estabelecido no Estatuto. E a dúbida xa foi resolta agora polo mesmo Tribunal: o deber de coñecer o galego por parte dos cidadáns e cidadás de Galiza é constitucional.
O Estatut d'autonomia de Catalunya di, textualmente, na súa versión oficial en galego difundida pola propia Generalitat, que "o catalán é a lingua oficial de Cataluña. Tamén o é o castelán, que é a lingua oficial do Estado español. Todas as persoas teñen o dereito a utilizar as dúas linguas oficiais e os cidadáns de Cataluña o dereito e o deber de coñecelas".
Este deber de coñecer o catalán en Catalunya foi recorrido polo Partido Popular, mais o Tribunal Constitucional desestimou ese recurso.
Así que xa está. Quen queira que xuridicamente o galego sexa inferior ao castelán que o diga abertamente, mais agora xa non pode poñer como desculpa a carta magna do Estado español.

Ningún comentario:

Publicar un comentario