O último obxectivo da Ciberirmandade é a web do concello de Sanxenxo:
Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Salnés. Considerado como unha das capitais turísticas de Galiza, conta con 17.216 habitantes (INE 2008). Sanxenxo dispón dunha páxina web oficial con opción para varios idiomas incluído o galego. Pero só en aparencia, a realidade é que desde hai anos a única opción operativa é a de español, o galego segue 'en construción'. Sabemos perfectamente que é posible para este concello galego ter a páxina web na lingua propia de Galiza. Que tampouco é ningunha utopía ter a nosa lingua como opción predefinida. Que todo isto contribúe ademais a ser un elemento diferenciador que o singulariza e lle dá un plus cultural enriquecedor. Como sabemos con seguridade que todo isto é certo, animámoste a participares nesta nova campaña da Ciberirmandade da Fala enviándolle un prego ao alcalde do concello. Colabora enviándolles este prego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario