Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 20 de xullo de 2010

A RAG a punto de recorrer o decreto de plurilingüismo

 Falta pouco para que se acabe o prazo para poder presentar recursos xudiciais contra o decreto que reduce drásticamente o galego no ensino non universitario. Hai xa varias organizacións sindicais que o fixeron, agora a Real Academia Galega está apurando os prazos porque parece que quer asegurarse que van obter resultados positivos do mesmo.
Só falta o visto bo do servizo xurídico para que a Real Academia Galega presente o seu recurso xudicial ao decreto para o plurilingüismo no ensino. Segundo explicou o propio presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, os membros da Academia xa tomaron o acordo de presentar o recurso, e agora un equipo de letrados está a procurar os fundamentos xurídicos máis axeitados.
O presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín asegurou que "se hai fundamento xurídico suficiente como para interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso a ese decreto, entón interporase". Ferrín lembrou que a RAG xa elabora un ditame informando negativamente as Bases do decreto, que o Consello da Cultura Galega tamén amosou a súa total disconformidade co texto elaborado polo equipo de Anxo Lorenzo, e que o Consello Consultivo fixo outro tanto, "a Xunta esá soa", engadiu.
Fonte: culturagalega

Ningún comentario:

Publicar un comentario