Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 28 de xullo de 2010

Os tres vídeos de Carlos Callón

Co título "O que nós non fagamos pola nosa lingua agora, ninguén o vai facer por nós", hai un post máis abaixo no que se reproduce unha entrevista que lle fixeron a Carlos Callón en Vieiros a principios deste mes. Alí comentei que na web incluían un vídeo coa entrevista, máis ben eran dous: vídeo1 e vídeo 2. Como xa está recollida a entrevista, aquí só deixo a ligazón aos vídeos realizados pola extinta Vieiros.
Pero leo no blogue do propio Carlos Callón que ten outro vídeo máis, que é o que poño agora aquí. Neste caso o vídeo era para un programa de Localia chamado Everio Channel:

1 comentario:

  1. Esta moi ben. Unha gran seccion, unha gran entrevista a Carlos e un moi bo programa de humor. Que fan estes ainda en localia?

    ResponderEliminar