O suceso do 25 en Santiago no que unha periodista do xornal El País foi ameazada por un policía por falar en galego xenerou un mundo de comentarios, algúns deles xa están pegados máis abaixo, agora vou facer referencia a un par deles mais. Son dúas opinións que, a pesar de estaren redactadas en castelán, póñense do lado do galego.
Quim Monzó escribe un artigo desde La Vanguardia co título "En Santiago na noite escura".
Ánxel Vence é o autor doutro artigo de opinión, neste caso o medio é El Faro de Vigo e o título é "Disturbios del bilingüismo". Neste caso Vence acaba facendo un relatorio retranqueiro sobre a toponimia bilingüe.
A pesar de todo isto, o delegado do goberno,segundi informa A Nosa Terra, manifestou este martes que non consta ningunha denuncia formulada en relación coas supostas ameazas por parte dun Policía Nacional a unha xornalista de 'El País', en Santiago de Compostela, nos actos conmemorativos do Día da Patria, pero confirmou que se abrirá un expediente informativo no caso de que se presente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario