Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 17 de xullo de 2010

Kurt Gödel versus Antón Lopo

Kurt Gödel (1906-1978) foi o matemático máis hipocondríaco da historia. Contan as súas biografías que polo medo a que a comida estivese envelenada, deixou de alimentarse e a acabou os seus días morrendo de fame. . Probablemente o retrato que aparece aquí sexa indicativo da súa personalidade.A pesar de todo foi un dos matemáticos máis importantes do século XX. Para entender algunha das súas aportacións cómpre un repaso xeral á historia das matemáticas.
A civilización grega puxo os alicerces tanto a teoría de magnitudes e proporcións como a xeometría, a ciencia do espazo. Os matemáticos medievais a foron construíndo no trancurso de varios séculos outra póla das matemáticas, a coñecida como álxebra. No Renacemento Descartes e Fermat farían o que parecía unha milagre científica, construir a xeometría analítica que demostraba que álxebra e xeometría eran dúas caras dunha mesma moeda. Deste xeito, problemas que levaban séculos sen poder ser resoltos, acababan reducidos a simples exercicios escolares; tal era o poder da xeometría analítica que permitiu reducir a ciencia xeométrica ás ecuacións alxébricas. Pero, así como co novo descubrimento, os dous pés sobre os que se asentaban as matemáticas se fundía nun só, este mesmo avance sería o que permitiría que se albiscara unha nova forma de traballar nesta ciencia, sería o cálculo diferencial creado por Newton e Leibniz. Este novo cálculo naceu con críticas sobre os seus fundamentos desde os seus primeiros tempos, no entanto foron tantos os seus éxitos que incluso se pode afirmar que é o cerne da física moderna.
No século XIX cambia a visión da ciencia. Ernst Match amosa como deducir o esencial da física a partir das matemáticas, e nestas, prodúcese un proceso de rigor que co tempo acabaría chamándose aritmetización do cálculo, pois foi visto en perspectiva foi isto o que sucedeu. Efectivamente, o cálculo podíase fundamentar na aritmética. Que pasa o mesmo coa álxebra, que non é máis que un proceso de xeneralización e abstracción da aritmética, podía entendelo calquera.
Con este panorama a principios do XX bastaba con atopar a rocha firme sobre a que se asentaba, por fin, a aritmética. Ese foi o traballo que desenvolveron fundamentalmente o nobel de literatura Bertand Russell e Alfred Whitehead, os autores do enorme Principia Mathematica, un tratado en tres tomos no que se explica paso a paso como os instrumentos da lóxica fundamentan a aritmética. Para comprender mellor ata que punto se desenvolvera o rigor nas matemáticas, moitas veces coméntase que nesta obra de Russell-Whitehead non se chega a demostrar que 1+1=2 ata a páxina 362.
O edificio da ciencia estaba rematado. A xeometría pódese explicar mediante a álxebra, ésta e o cálculo diferencial aséntanse sobre a aritmética e, por fin esta última ten os seus alicerces na lóxica que establece os cimentos da gran estrutura científica. Pero chegou Gödel e nun pequeno traballo do ano 1931  destroza todo o edificio anterior. Demostra que se dispoñemos dunha lóxica que nos permita usar os números, facer sumas e produtos, entón ou ben 1+1=3, ou ben nunca poderemos estar completamente seguros de que 1+1=2. A partir dese día a ciencia terá que vivir para sempre acompañada da incertidume.
E a que vén todo este discurso sobre Gödel? Pois o caso é que este foi o pseudónimo que usou Antón Lopo para asinar a  novela gañadora do premio literario García Barros que concede o Concello da miña vila, A Estrada, en colaboración coa editorial Galaxia. Parabéns ao gañador, agardamos ter pronto a novela nos nosos andeis, ten boa pinta.

Segundo informa Galicia Hoxe, o título da obra é "Obediencia", unha novela de ciencia-ficción ambientada na Galicia do século XXII, o Premio García Barros, que concede o Concello da miña vila, A Estrada en colaboración coa editorial Galaxia. Parabéns ao gañador.

Galicia. Século XXII. Compostela é unha cidade-estado independente e republicana, a capital, controla­dora e orweliana, dun territorio desértico e desolador onde a resis­tencia lle fai fronte á tiranía da capi­tal. Neste contexto futurista desenvólvese Obediencia, a imaxi­nativa e cativadora creación de Antón Lopo, que acaba de gañar, baixo o lema Gödel, o premio Manuel García Barros de novela, que convoca o Concello da Estrada. Con esta novela ciencia ficción o autor monfortino volve sorprender nun traballo marcadamente de xénero "e non excesivamente fácil", confesa emo­cionado logo de saber do recoñe­cemento. Igual que noutras novelas como Ganga ou O riso de Isabel Hill, Lopo tece un universo imaxinario con historias parale­las.
En Obediencia, na que o xurado destaca a súa habilidade para tras­ladar o lector a unha Galicia de futuro, usando a linguaxe das ma­temáticas ou do cinema, Lopo fala de conceptos como igual­dade ou liberdade. "A novela trans­mite a frustración de futuro. Nestes momentos en que as men­tes máis reticulares e mesmo os fascismos se apropian da palabra liberdade, cómpre reformulala", di Lopo, para quen se está a perder a solidariedade como valor. "A liber­dade non é só elixir entre Woolite e Norit. Contra ese dogma que nos envolve, esa manipulación ideló­xica e de control insidioso, é nece­sario accionar", engade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario