Cando vou levar o meu fillo maior ás clases do conservatorio hai tempo que veño observando un detalle que me chama moito a atención. A pesar de que a gran maioría dos rapaces do concello acuden a colexio públicos, á entrada do conservatorio pódense ver moitos nenos couniforme do colexio privado que temos na vila. Probablemente a razón disto descansa en que a matrícula destas clases de música non é barata, polo que ademais de como actividade formativa, a asistencia ao conservatorio posú un valor simbólico como marca dea clase social.
Carla é unha das nenas, que vestida de uniforme, agarda a que toque o timbre á porta do conservatorio. A súa nai é unha neofalante de castelán. O mércores pasado, mentras agardabamos á saida dos nosos fillos comentaba en voz alta os prezos de todo o material que lle tivera que comprar á rapaza.
- ....y además del metrónomo, ahora le mandan comprar la boquilla del clarinete...
Entón sentiu a necesidade de explicarse, e continuou:
-... bueno.... la boquilla es como una palleta, sabes?
Nese intre eu souben que acababa de oir a música do auto-odio.
:)
ResponderEliminarEsa senhora non sería a senhora de Pamirez..??esta q aparece no Luar!!??haha!!
ResponderEliminarExcepto o nome da nena, é todo certo.
ResponderEliminar