A autora da foto suxeriume que abrise unha etiqueta ou sección co título de foto-denuncia co fin de que os que caiades por aquí, se o tendes a ben, me enviedes os retratos de monstruosidades semellantes á que aquí está retratada. Eu sospeito que ninguén me vai responder a esta chamada, mais por se estivera equivocado e tendo en conta que quen me fai a indicación ten mís experiencia nisto da blogosfera máis ca min, deixo aquí a petición das vosas achegas xunto coa dirección de correo: kiarqu@gmail.com. Podedes comprobar que entre as etiquetas engadín unha nova adicada á foto-denuncia.
A foto-denuncia que se presenta e que xa saiu nos medios demostra dúas cousas. Unha, que aínda que haxa unha Lei de Normalización desde hai case 30 anos, as institucións dan exemplos reiterados e contínuos de incumprimento da mesma. En segundo lugar demóstrase que temos unha Deputación moi ye-ye.
Pero que ben mandadiño es! Mágoa que arestora andemos lonxe!!! Déixame felicitarte pola retranca, tesme totalmente namorada. O toque ye-ye quedouche que nin pintado.
ResponderEliminarUnha aperta enormeeeeeeeeeeeeeeee