Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 7 de decembro de 2010

Competencia matemática en galego

O informe PISA está elaborado a partir dunha avaliación internacional estandarizada e de ámbito mundial que se aplica aos xóvenes de 15 anos integrados no sistema educativo. Faise un estudo por competencias, e sobre unha puntuación máxima de 600 avalíase o estado da educación en diversos lugares do mundo.
Na seguinte gráfica aparecen os resultados promedio en competencia matemática extraídos do informe PISA 2009. Os países están ordenados segundo a puntuación obtida, e ésta é maior canto máis a dereita nos colocamos: o cadradiño indica a puntuación media e cae sempre dentro do intervalo de confianza indicado polos segmentos que o rodean.
Para centrármonos no caso aquí representado convén saber que os resultados obtidos por Reino Unido están nos 492 puntos, Galicia aparece con 489, Estados Unidos e Portugal con 487, e finalmente España e Italia con 482. 


Os datos refírense ao ano pasado, cando en Galicia se impartían as matemáticas en galego. Xa que as cousas aquí polo momento non teñen remedio, e se o ensino das matemáticas non sufrirá unha debacle este curso por mor do profesorado comprometido coa realidade social, voulle trasladar unha petición ao Ministerio de Educación para que mellore a competencia matemática no territorio MEC: que impartan alí as aulas de matemáticas en galego.
A noticia chegoume vía CGENDL (facebook)
P.S.:  un informe moi ben feito pódese consultar no blogue extramuros

Ningún comentario:

Publicar un comentario