por Manuel Vidal Villaverde entrevista a Cipriano Jiménez, no Galicia Hoxe. Para acceder á entrevista completa preme na ligazón.
Médico, psiquiatra, psicanalista e escritor, Cipriano Jiménez é director xeral da Fundación Menela e membro fundador do Instituto Galego de Estudios Freudianos. Ocupa a vicepresidencia de Autismo Galicia. Director da revista Maremagnum e fundador de NóS, Produtora Cinematográfica Galega S. L. , publicou máis de quince libros,
Bos días Cipriano, en primeiro termo, imos falar un pouco do estado do idioma galego, do noso principal sinal identitario, que ao meu ver, sofre un desequilibrio magoante con respecto ó castelán imposto, digan o que digan algúns historiadores e non poucos sociolingüistas. Hai moitas maneiras de impoñer, e dende logo a da imposición do castelán, ata hai ben pouco, non é dende logo paradigma de sutilidade, abofé que non. Podes reflexionar a propósito disto que expoño?
O galego esta “baixo mínimos”. Si as cousas seguen así, poderíanos levar a un “camiño sen retorno”. Entidades como a RAG, o Consello da Cultura Galega, A Mesa, etc., xa se teñen pronunciado ao longo deste ano, da situación de indefensión para o noso idioma. O Goberno Galego, non pode nin debe ir en contra da súa propia lingua. A lingua, como diría Manuel María hai que defendela a “metrallazos”. É o galego, o que está en evidente inferioridade de condicións. Non me cabe na cabeza, que sexan precisamente os galegos os que non axuden ao mais prezado que temos: “Unha lingua marabillosa”. Sen lingua, non hai Nación. A outra alternativa é ser unha colonia, embrutecida e contra cultural.
A independencia galega forma parte da túa persoal utopía ?
Conformaríame cun Estado Federal ou Confederal, onde realmente estiveran representadas as Nacións que configuran o Estado Español. Galicia, xa fora declarada Nación en Xenebra pola antiga: “Sociedade de Nacións”. Este é outro dos temas tabús, que impide, dunha vez por todas, resolver o problema do que debe ser o Estado Español.
Ningún comentario:
Publicar un comentario