Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 24 de decembro de 2010

O galego foise co vento

Javier Guerra, conselleiro de industria, é outro dos gobernantes galegos que se apuntan ao carro do uso do castelán nas intervencións públicas por razón dos cargos institucionais, e iso a pesar de que hai algúns meses votara a favor dun acordo parlamentario no que se consesuaba o uso do galego precisamente para eses casos. O conselleiro presentou onte un plan tras o Consello da Xunta en castelán. É outra forma de facer visible cal é a política lingüística deste goberno.
En todos estes casos, os supostos defensores da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüistica, con Anxo Lorenzo ao frente, calan. Deste silencio só se pode concluir unha cousa: que defenden máis o corporativismo de partido que a defensa común da lingua continuamente agredida polos seus correlixionarios.
Non é a primeira vez que nesta semana temos unha intervención en castelán de Javier Guerra nesta semana, mais ben parece que estamos diante dun plan consistente en facer cada vez máis habitual o uso do castelán por parte da clase política, un chanzo máis de desprestixio do galego. Basta ver o final desta noticia do pasado martes.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Ningún comentario:

Publicar un comentario