Tal e como comentabamos hai xa algún tempo, Antón Lopo foi galardoado co premio García Barros. Onte foille entregado na miña vila, na Estrada o premio García Barros pola súa novela "Obediencia", unha obra ambientada no século XXII e que se editará tamén en formato e-book.
Segundo o premiado "as grandes catástrofes e atrocidades da historia sempre foron por obediencia, nunca por rebelión". Toda unha mensaxe aos que lle entregaron o premio.
No acto interviron tamén o alcalde da Estrada, José Dono, o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e o secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo. Este último desexoulle sorte a Antón Lopo cun xénero, o da ciencia-ficción, que cualificou de complicado. Son de agradecer os consellos e os ánimos de alguén especialista no tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario