Heladio foi compañeiro meu durante todos os anos que estiven no CPI Don (Aurelio Marcelino Rei García) de Cuntis. Non podo dicir del máis que cousas boas. Velaquí vai unha máis.
Heladio acaba de protagonizar unha noticia no Galicia Hoxe de hoxe titulada "É cómplice de calumnias ao galego", na que dan conta da queixa de máis abaixo que o profesor acaba de interpoñer ante o Valedor do Pobo, Benigno López, polo asunto co que andan mareando aos docentes do CPI nos últimos meses. A saber, trátase do caso da denuncia que a zunia fixo deste e doutros ENDLs e que callou precisamente neste centro, pois o Valedor emitiu unha resolución o pasado 15 de novembro que foi contestada por varios axentes sociais por ser un claro ataque aos que defenden o uso do galego en Galicia (terrible práctica!).
O máis negro de toda esta historia é que o profesorado do CPI recibiu anónimos a principios deste mes coa polémica resolución do Valedor.
Unha curiosa forma de fomentar o bo ambiente no ensino.
Queixa
Ningún comentario:
Publicar un comentario