Onte o Parlamento viviu o enésimo debate lingüístico da lexislatura, desta volta, a conta da iniciativa lexislativa promovida por Queremos Galego e asumida como propia polo BNG, un tenso intercambio de opinións entre PP e oposición que, non obstante tivo escaso seguemento dende as bancadas reservadas ao Goberno.
Despois de que, no inicio do debate, os escanos azuis estivesen baleiro, no segundo treito pasou ao hemiciclo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, único membro do Executivo que tamén é deputado e que, polo tanto, ten que acudir ás votacións. Malia ao intenso da sesión, centrouse en conversar co conselleiro Javier Guerra.
A medida que o debate medraba en intensidade e mentres o informe do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) era sacado a colación por PP e PSdeG, nas filas conservadores as críticas da oposición eran respostadas con risos e chanzas por parte de, por exemplo, Carlos Negreira ou Ignacio López-Chaves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario