Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 12 de decembro de 2010

A Consellería de Educación é un risco para o galego

Denunciouno Mejón no seu blogue Escola de ferrado. A Consellería de Educación, xunto coa Fundación Alcoa xunto cos centros educativos CIFP Porta da Auga de Ribadeo, o IES Pedrouro de Burela e o IES Martía Sarmiento de Viveiro, elaboraron unha publicación sobre riscos laborais titulada "Prevención de riesgos laborales".
O obxecto da denuncia está claro. A publicación, elaborada coa colaboración de tres centros públicos, baixo o paraugas da Dirección Xeral de Educación vén íntegramente en castelán e só en castelán. Primeiro publicaron o funesto decreto de plurilingüismo que reduce significativamente a presenza do galego nas aulas, despois poñen en marcha un plan de substitución de libros de texto en galego por outros en castelán, hai pouco destapábamos que case o 80% do material de Abalar está tamén en castelán, así que esta publicación só é un chanzo máis do plan de acción contra a normalización que está a desenvolver o goberno da Xunta. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, como sempre, cala.
Con esta nova publicación demóstrase que o maior risco para a lingua galega vén da man da Consellería de Educación.



http://www.edu.xunta.es/fp/files/Prevencion_riscos/Encarte_guia_PRL_def.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario