Polo visto a Xunta declarara no seu día este ano que se acaba, ano do libro e da lectura.
Xa hai quen, hai un ano, explicaba os defectos desta celebración. Pasou o tempo e puidemos disfrutar de actos como o do Día do Libro, un día de moita chuvia. Na Consellería de Educación tiveron a luminosa idea de arraiar 20.000 libros polas prazas das cidades de Galicia. Coa borrasca eses libros acabaron completamente enchoupados.
Visto todo coa perspectiva que nos dá o tempo, non é difícil concluir que foi unha pena que non tiveran ocorrencias moito máis produtivas... como a que deixo por aquí e que atopei no blogue Lux.

Ningún comentario:
Publicar un comentario