Hai ben pouco inzábase a súa web con ducias de recursos entre os que podemos contar cancións, vídeos, modelos de cartas aos Reis Magos, actividades do Apalpador, contos, teatro, refráns, ...
Tamén poñen á nosa disposición postais de nadal para que lle engadamos o noso texto co fin de que as enviemos ás nosas amistades.
Por último a CGENDL vén de convocar un concurso de sms arredor do tema das felicitacións de nadal e ano novo. Está pensado sobre todo para o alumnado do ensino non universitario (o afectado polo funesto decreto de plurilingüismo), no entanto a convocatoria está aberta a todo o mundo.
Podemos participar enviando a nosa mensaxe ou ben cubrindo un formulario para votar as que máis nos gusten.
Para os torpes coma min neste tipo de historias desde a CGENDL fornécenos dun diccionario de termos sms, ...ntndsm?
O traballo que realiza esta xente é enorme. Parabéns, unha vez máis, para a Coordinadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario