Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 9 de decembro de 2010

Abdullah Demirbas, alcalde de Amed

No blogue de Séchu Sende cada post é un paradigma do que debería ser un post. Por iso cada vez que o visito teño ganas de lle contar a todo o mundo o que vin alí. Mais desta vez no canto de invitar a que visitedes un vídeo máis traballado que deixou polo seu blogue (cada casa, umha escola) , achego por aquí un outro seu vídeo realmente excepcional.
Abdullah Demirbas é o alcalde da capital do Kuristán norte, Amed. Como a lingua kurda está prohibida nas escolas, el elaborou un programa para que os veciños de Amed lean contos en kurdo nas súas casas para que así poidan aprender a ler na súa lingua. Por accións como ésta, Abdullah pode ser condenado a 175 anos de cárcere. A pesar diso o alcalde ten razóns incluso moi persoais polas que vai continuar na defensa do  kurdo e para sabelo cómpre ver o vídeo... ata o último segundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario