Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 3 de decembro de 2010

Galeoke, a música que levas dentro

Galeoke é un xogo de karaoke onde acumulas puntos emulando o cantar dos teus artistas galegos favoritos. Polo momento temos cancións de: Os Resentidos, Fuxan os Ventos, Malvela, Berrogüeto, Projecto Mouerente, Espido, Aló irmao!, Lamatumbá, Quant, Teixadura, Xoán Curiel, Uxía e Sara Tavares, Loretta Martín, Os Cempés, ....
Unha chea de música para un país onde todos, agás eu, sodes artistas.
O Galeoke busca encher un oco no mercado, xa que nas tendas de descargas musicais das consolas de videoxogos a música galega é unha total ausente. Sairá á venda o 21 de decembro nas tendas de discos galegas e a través de Toupa.net.
Este xogo é compatible con Windows XP/Vista/7, Mac OS X e Linux, partindo de configuracións bastante básicas, sendo a súa principal esixencia o contar cun micrófono para poder pór voz ao seu catálogo musical.

Unha mostra do invento presentouse no Culturgal da pasada fin de semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario