Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 4 de decembro de 2010

Negreira: Unha alcaldía por un ‘L’

por Cris Moss, no Xornal:


As teimas son teimas, en galego, en castelán ou en vasco. O PP de A Coruña ten unha teima co ‘L’ do topónimo, que quere oficializar a toda costa. A estratexia de Carlos Negreira de cara ás municipais está clara, pensa que un ‘L’ vale unha alcaldía. Así, decidiu retomar o conflito lingüístico que xa empregara Feijóo no 2009.

  • Con esa folla de ruta, o popular presentou onte a súa nova web de candidato e o seu novo blog. A toda esta información chégase na rede a través de www.pplacoruña.es. A Coruña co ‘L’ ás costas. Dá igual que se trate de información en galego ou en castelán. Esta claro que Negreira vai usar o ‘L’ como lema de campaña ata o final.
  • Ocorre que queira Negreira ou non –ao igual que sempre quixo o ex aldalde Francisco Vázquez e sectores do coruñesismo– o ‘L’ do topónimo non é oficial. A única forma oficializada é o termo galego A Coruña, ao igual que Ourense. Por certo, foi durante o mandado de Aznar cando estas formas déronse como as únicas oficiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario