Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 7 de decembro de 2010

Os topónimos da Deputación

por Cris Moss, no Xornal:


Denunciouno primeiro o blog Trafegando Ronseis e logo fíxose eco A Nosa Terra. A Deputación de Pontevedra deturpa topónimos a pesar dos varios avisos e denuncias públicas dos últimos anos e da defensa do galego da que presume o seu propio presidente, o popular Rafael Louzán.
lNesta ocasión, a denuncia chega por un cartel de obra no concello de Forcarei que a Deputación renomea como Forcarey. O letreiro, ademais, tamén inclúe algunha outra falta de ortografía. No canto de sinalización pon “señalización” e esquécese do til na palabra vías. Un simple erro.
Non é a primeira vez que a Deputación de Pontevedra é denunciada polo seu desleixo coa lingua galega. Ademais de propoñer que algunhas das súas comunicacións se fagan en castelán, tamén evitou impulsar o proceso de normalización toponímica no caso dalgunhas localidades.
Así, non era difícil atopar topónimos como Villar, Puente, Salvatierra ou Iglesia nas comunicacións do ente provincial. Sorprende que neste caso se empregue un topónimo deturpado cando o resto do cartel da Deputación está escrito en galego, agás algún erro puntual. Igual non é a última vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario