Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 1 de decembro de 2010

Normalizando o comercio

Acabamos de enterarnos que Alcampo abandona o uso do galego. Antes a rotulación do hipermercado de capital francés estaba en galego e en castelán. Agora, coa renovación da cartelería están dando o último paso na exclusión do galego que antes xa se efectuara nas súas tendas e folletos. Pero isto é normal,  esta cadea de hipermercados non fai nada que poida sorprendernos.
Está a tramitarse no parlamento a nova Lei de Comercio. Unha das súas características principais a respecto do anterior proxecto é que ésta non vai primar o uso do galego no ámbito comercial. Isto tampouco nos pode estrañar, é normal, vai na liña de goberno dos últimos tempos.
Neste caso, a pesar das promesas en sentido contrario, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tampouco intervén. Parece que está para actos folclóricos e, en todo caso, xustificar a redución do uso do galego en todos e cada un dos ámbitos da sociedade. Pero isto tampouco lle pode parecer raro a ninguén, é parte da nova forma de entender a normalización.
O desleixo e o desprezo pola lingua é tal que o proxecto de lei presentado no parlamento aparecían as letras j e k para enumerar os apartados. Isto tamén cae dentro do normal, é o pan co que comemos diariamente. Basta con ir ao Proxecto de Lei do Comercio e alí, na primeira páxina, podemos ler a data da súa presentación:
Pois iso: normal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario