A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, está a facer un traballo impagable a prol da normalización no ensino. Sen medios, sen axudas oficiais, nunca deixa de facer campañas e de ofrecernos recursos aos membros da comunidade educativa.
Este nadal a CGENDL alén de agasallarnos cunha serie de postais de nadal, ofrécenos toda unha lista de recursos como modelos de cartas aos Reis Magos, refráns, cancións,.... O mellor é velo premendo aquí.
Pola contra, os que teñen medios, como a SXPL, adícanse facerlle a competencia aos centros de ensino, convocando un concurso do estilo dos que se realizan en colexios e institutos. Un concurso negro como o carbón, cunhas bases tan pouco clarificadoras que nin tan siquera aparece indicado quen pode participar. Un concurso sen a colaboración dos axentes implicados na normalización diaria (normalizadores dos concellos, equipos de normalización docentes, asociacións de escritores en lingua galega,...). Un concurso cunha dotación económica tan interesante, que corre o perigo de quedar deserto... por falta de participantes.
P.S.: Ao pouco de escribir este post, a SXPL tivo, e hai que llo recoñecer, unha boa idea. botando á rede unha páxina chamada "Produtos tecnolóxicos para o nadal" . A web é moi semellante á da CGENDL da que falamos máis arriba, con catro recursos vellos dos Equipos de Normalización (cando aínda se chamaban así), e moitos máis recursos novos, que son precisamente.... os que nos achegan desde a CGENDL.
O dito: fai máis quen quer que quen pode.
Ningún comentario:
Publicar un comentario