A noticia no Galicia Hoxe:
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, trasladoulle onte [polo 3/4/2010] ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, as súas "profundas discrepancias" coas medidas levadas a cabo pola Xunta co galego, sobre todo, no referido ao polémico Decreto.
Durante unha reunión celebrada onte entre ambos os dous mandatarios na sede do organismo provincial, Bao criticou que a nova norma, que se atopa xa no Consello Consultivo, supón "un claro retroceso na protección e na proxección do idioma". Ademais, criticou o desacerto da devandita norma ao reducir o galego no ensino, "nun contexto no que todas as estatísticas dan conta da alarmante perda de persoas galegofalantes, sobre todo nas idades máis novas".
Malia iso, achegaron posturas respecto ao interese de colaborar na promoción da lingua galega no ámbito da provincia lucense.No entanto a páxina da SXPL, que tanta divulgación fai do decreto, conta isto, ou máis ben deixa de contar todo o demais, na súa web:
Nunha reunión mantida na sede da deputación lucense, o vicepresidente primeiro desta entidade, Xosé Antón Bao, e mais o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, intercambiaron puntos de vista para definir as bases dun traballo conxunto a prol da dinamización do galego.
Neste sentido, o vicepresidente da Deputación de Lugo e o secretario xeral amosaron o seu interese por establecer un convenio de colaboración entre ambas as entidades que teña por obxecto a realización de actividades de formación en galego e mais de dinamización lingüística que impulsen e promovan o coñecemento e o uso do galego entre a cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario