Esta sexta feira, sábado e domingo participei no XIII Congreso da Asociación Internacional de Linguas e Culturas Ameazadas, unha organización creada a mediados do século pasado. No encontro, realizado en Barcelona, intervín avaliando a situación actual do noso idioma, mais tamén o contexto xeral de involución cultural que se vive no Estado:
Esta semana adiantáronse algúns dos recortes máis significativos que o Tribunal Constitucional lle impón ao Estatut de Cataluña. Cando coñezamos a sentenza ao completo, non saberemos só das barreiras que se lle impoñen ao idioma catalán. Teremos tamén a información de cales son os recoñecementos máximos que, coa actual configuración constitucional, o Estado español está disposto a admitir para as linguas que non son o castelán.
É xusto e democrático que a sociedade catalá -igual que a galega- reivindique que o seu idioma ocupe un lugar plenamente normalizado. O que non é nin xusto nin democrático é que un Tribunal partidista se erixa en substituto plenipotenciario da soberanía popular. Tampouco é xusto nin democrático que se nos diga que no Estado hai e sempre haberá unha lingua de primeira, con todas as proteccións e promocións, cuxos falantes serán os únicos suxeitos de dereitos plenos; un lugar ao que, segundo nos din, nunca poderían aspirar os outros idiomas existentes.
Vista desde Galiza, esta sentenza dá tamén para varias reflexións. Porque, aínda cos recortes, sábese que o Alto Tribunal dá o seu visto e prace matizado á consideración do catalán como dereito de uso e deber de coñecemento, avanzando así un degrao na equiparación xurídica co castelán. É preciso lembrar que, de non facelo, o Constitucional estaría a quebrar a súa propia xurisprudencia. Na década de 80, anulara un artigo da Lei de normalización lingüística de Galiza en que se igualaba o galego co castelán. Daquela, o Tribunal sentenciara que tal consideración debería figurar no Estatuto para ser válida e que, por iso, rexeitaba ese precepto que, democrática, libre e unanimemente, aprobara o Parlamento galego.
Da sentenza de agora, sabemos tamén que o Constitucional non puxo óbice en que se sinale no Estatuto que o idioma propio sexa o vehicular do ensino. Como é sabido, corrobora así unha práctica educativa realizada con éxito polo Goberno catalán desde os inicios da restauración democrática. Xa en ditames anteriores, dos anos 90, este Tribunal non só xustificou, senón que tamén valorou positivamente a inmersión lingüística. Afirmaba que con ese método pedagóxico se pulaba pola igualdade real, pois os idiomas do Estado diferentes do castelán foran desfavorecidos historicamente e aínda padecían na sociedade dos resultados de tantos anos de proscrición.
Non é curioso que grupos políticos como o PP (quen quixo gañar no Constitucional o que non gañou nas urnas) se neguen a admitir estes principios mínimos, mesmo recoñecidos por un Tribunal Constitucional tan partidista e deslexitimado? Xa que tanto presumen do respecto a este Tribunal (en cuxa composición son decisivos...), para cando ouviremos unha declaración súa rectificando os seus discursos que este órgano xurisdicional invalida totalmente? Por exemplo: "De acordo, a inmersión lingüística non só dá bos resultados e está recoñecida por organismos internacionais, senón que é constitucional". Reparemos: a verdade é que desde este partido político non se conforman cos recortes conseguidos, senón que levan tempo nunha campaña para consolidar unha redución moito maior da diversidade lingüística e cultural do Estado.
Agora mesmo, Galiza está a ser o laboratorio de probas da maior involución neste sentido. Despois dunha campaña sucísima e chea de mentiras, o PP regresou á Xunta o pasado marzo de 2009. Conta cunha maioría absoluta pola mínima, pois ten só un deputado máis que a oposición de PSdeG-PSOE e BNG, aínda que conseguiu 5.000 votos menos que a suma destas dúas últimas forzas políticas.
Mais están a utilizar esta maioría absoluta para cabalgaren como o cabalo de Atila sobre o noso idioma. Desde a súa nova chegada ao goberno, o PP comezou cun proceso de desmantelamento da oficialidade do galego pola vía dos feitos. Por exemplo, a súa primeira medida lexislativa, realizada por trámite de urxencia, foi anular a obriga de que as persoas que se presentasen a unha oposición pública da administración galega teñan que demostrar o seu coñecemento do idioma propio a través da realización dun exame. A nosa lingua deixou de ser un requisito e o grupo que sustenta o goberno xustificouno argumentando que o galego era unha "barreira" (sic) para que chegue a traballar na Xunta xente procedente doutras comunidades do Estado. Elocuente, verdade?
Ademais, mentres o Tribunal Constitucional ratificaba a inmersión lingüística, en Galiza aprobábase un decreto polo cal se prohibe (si: falo de prohibir, e non é ningunha hipérbole); polo cal se prohibe, digo, a docencia en galego de matemáticas, tecnoloxía e física e química. Tamén se prohibe que se poidan recomendar libros en galego para estas materias. Segundo o Conselleiro de Educación, esta erradicación do galego das disciplinas científico-técnicas é por "tradición" (!) e para garantir "o equilibrio e a liberdade lingüística" (!). Estamos nunha situación que nunca se producira nestas tres décadas de autonomía en Galiza; tampouco nos gobernos de Manuel Fraga Iribarne. Ademais, a través deste decreto (coñecido como "o decretazo contra o galego") impídese que ningún centro de ensino poida aplicar programas de inmersión lingüística. Os demandados proxectos que existían para a aprendizaxe en galego en zonas máis castelanizadas foron anulados dun día para outro.
Podería comezar a indicar unha listaxe longuísima de moitas máis medidas adoptadas por esta Xunta contra o idioma galego, mais podemos quedar con estas dúas como paradigmáticas do desmantelamento da oficialidade. Porque... é oficial unha lingua cuxo coñecemento non é un requisito para acceder a un posto de traballo? É oficial unha lingua que está prohibida como vehículo de aprendizaxe de determinadas materias? É evidente que hai un problema democrático cando o Parlamento de Cataluña, o Congreso dos Deputados e o pobo catalán en referendo aproban un Estatuto que é recortado de forma unilateral por un Tribunal Constitucional tan politizado. Agora ben, tamén hai un problema democrático cando este Alto Tribunal sinala uns camiños, incuestionados como constitucionais, de revitalización da lingua propia e a Xunta de Galiza se nega a percorrelos. É ben curioso que os que nos din "nada por riba da Constitución do 78" sexan os mesmos que se negan a cumprila; os que fan ouvidos xordos cando lles dicimos "pois tampouco nada por baixo da Constitución do 78!"
Na Transición, Galiza era a comunidade do Estado onde máis se falaba de forma espontánea a lingua propia; ou dito noutros termos: era o lugar do Estado onde menos se falaba español nas rúas e nas casas. Nestas décadas, a caída de falantes foi enorme; nos últimos anos, en picado. Agora, co novo presidente da Xunta, pasamos dunha política de narcotización da morte do galego a un goberno que anda a patadas con esta lingua.
Esta involución pon o noso idioma ao borde do precipicio, mais tamén fai que moitas persoas acorden a súa consciencia lingüística. Así, en doce meses, cinco manifestacións multitudinarias encheron as rúas de Santiago de Compostela reclamando o cesamento destas políticas nefastas. O propio PP está sorprendido con esta resposta social. Aínda que os medios de comunicación do Estado non lle dean a importancia que ten, estamos a vivir as maiores mobilización da historia de Galiza en defensa da súa lingua, só comparábeis en asistencia ás manifestacións da Transición por un Estatuto igualitario para Galiza e ás realizadas tras o afundimento do Prestige.
Estas políticas desenvolvidas polo PP na Xunta son a aplicación dunha ofensiva contra a diversidade do Estado que se deseñou na rúa Génova de Madrid. Non obedecen a unha demanda real da sociedade galega nin cousa que se lle pareza. O decreto do ensino é a mostra máis palpábel. A Xunta aprobou esta norma a pesar de contar co rexeitamento da comunidade educativa: todos os sindicatos, de todas as asociacións estudantís e de todas as asociacións e federacións de nais e pais (excepto unha, vinculada ao PP), ademais dos informes negativos das principais institucións culturais.
Galiza é, pois, o lugar onde o PP está a probar até que punto é posíbel reverter o edificio institucional da normalización, coa pretensión de estendelo a outros lugares. O pasado mes de xuño, en visita a Galiza, Alicia Fernández Camacho asegurou que o PP catalán terá a política lingüística aplicada agora pola Xunta como bandeira electoral á Generalitat...
Mentres, institucións como o Consello Consultivo de Galiza declaran que o decreto contra o galego no ensino é "inconstitucional", sen que iso impida a súa promulgación. Porque esa forma de ser inconstitucional parece que si vale.

Ningún comentario:
Publicar un comentario