
Pois polo que vexo, se queredes saber cal é o verdadeiro lema da manifestación convocada por Queremos Galego para o 17 de maio, ides ter que enterarvos neste blogue.
Aqueles despistados que por esas leis non escritas da fatalidade acabedes caendo nestas liñas e teñades a forza de espíritu de poñervos a ler esta mensaxe saberedes o que o resto dos amantes do galego continuarán ignorando. Estes últimos irán á manifestación pensando que o fan baixo un lema cando o certo é que o verdadeiro lema é outro.
Non sei o interese que poidades ter pola lóxica, concretamente polos seus símbolos. Os que son polo menos tan vellos coma min e cursaran no seu día o bacharelato, seguro que lembran, aínda que só sexa confusamente, aquelas divertidas leccións de lóxica de proposicións da materia de filosofía. O que xa non é tan seguro é que teñan coñecemento da lóxica de enunciados. A clave está neste último tipo de lóxica.
Na lóxica de enunciados xógase cos cuantificadores universais, un deles é o cuantificador da existencia e que se escribe
O asunto é que este símbolo, o cuantificador existencial, non nos interesa. O que si ten importancia para o noso existir é o chamado cuantificador universal, que é aquel que se le "todo"ou "para todo". Deste xeito, con esta clase de símbolos
Eu non sei quen inventou este símbolo, como vedes é un A invertido, e as wikipedias din que vén do "All" inglés. Para min que se equivocan, e tendo en conta que entre os alemáns estaban entre os lóxicos e matemáticos máis destacados dos primeiros anos do XX, ben podía ser que o símbolo viñese do alemán "Allgemeinheit".
En todo caso, o lema está claro: "O galego, todo o noso existir"
Ningún comentario:
Publicar un comentario