Callón falou do despilfarro que acomete Feijóo ao gastar polo menos 5 millóns de euros en reducir a presencia do galego no ensino. Entre outros despropósitos destacou o de que se van tirar ao lixo 190.000 libros de texto que non tiñan ningún problema por teren erros pedagóxicos ou estaren anticuados, vanse tirar por ser libros en galego, e obrigarán aos pais a compralos en castelán. Unha medida que non parece moi apropiada no medio dunha crise económica, tendo en conta que a vida útil dun libro de texto é de polo menos catro anos, e estes libros tiñan só dous. Dos milleiros de libros no lixo pasou Callón a falar das toneladas de libros que nadan mal, en referencia ao acto que a Consellería de Cultura celebrou o Día do Libro nas cidades galegas. "Tratábase de escribir versos de Rosalía nas prazas de varias cidades, formando letras cos libros no chan, mais Meteogalicia informara o día anterior que ía chover,... e choveu". No Día do Libro houbo que ver centos de libros galegos estragados pola auga.
Carlos Callón tocou moitos outros temas, por exemplo, lembrou a campaña que está a facer Queremos Galego a respecto da consulta trampeada da lingua materna en infantil, e animou a todos os presentes a continuar na defensa da lingua en asociacións como A Mesa.
Só un apuntamento máis: o lote de libros que había a vender quedou escaso. Varios dos asitentes quedaron sen el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario