Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 1 de xullo de 2010

Recurso da RAG contra o decreto?

Vieiros informa de tres frentes abertas contra a política lingüística do goberno autonómico.
Primeira frente: Segundo informa o diario El País na súa edición desta cuarta feira, a Real Academia Galega tratou no plenario do pasado sábado a posibilidade de recorrer o decreto do plurilingüismo, o coñecido popularmente como 'decretazo'.Información na web do diario 'El País' (en castelán)
Con todo, o xornal recolle as palabras do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, que apraza calquera decisión ao informe xurídico encargado pola institución a técnicos independentes. En caso de que así o consideren, a Academia podería convocar un plenario extraordinario a finais de xullo.
Segunda frente: o Consello da Cultura Galega constatou este martes a "imposibilidade" de recuperar a "curto prazo" o consenso en materia lingüística e as "dificultades" que atravesa a lingua galega logo das decisións da Xunta en materia educativa.Información na web do Consello da Cultura Galega
Estas conclusións son algunhas ás que chegaron os participantes do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, organizado polo CCG. No documento de conclusións recóllese a necesidade de revisar "os vellos discursos" e impulsar "accións positivas" dirixidas aos sectores sociais máis dinámicos.
Terceira frente: E ao fío da sentenza do Constitucional sobre o Estatut, a Mesa emitiu un comunicado onde valora que o tribunal "garante a constitucionalidade dos proxectos educativos no idioma propio e un maior recoñecemento xurídico".Información na web da Mesa pola Normalización Lingüística
A información tamén no Xornal

Ningún comentario:

Publicar un comentario