Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 8 de xuño de 2010

Jubi contra Xubi


Diversos medios informan do nacemento da nova mascota do Xacobeo. Algúns, con algo de mala idea din que parece un preservativo inflado, no entanto os creadores comentan que é un cabazo cun corno que representa o bastón do peregrino. A nós interésanos outra cousa.
Xubi non é Xubi. É Jubi. Basta con ir á web oficial da mascota e comprobaredes que está todo no monolingüe idioma español: "Mi nombre, Xubi, viene de júbilo,..."
Non virá de xubilación, meu miniño?
E isto ten algo que ver coa Xunta?, perdón, coa Junta?Parece ser que non, os responsables de Cultura deixaron ben claro que isto é cousa do Arzobispado e dunha fundación privada. Pois ben, parece que a noticia divulgada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no seu día, sobre o interese que tiña o Arzobispado no uso da lingua galega, dista bastante de ser certa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario