Pode ser que á maioría lle pasaran desapercibidas as seguintes novas lanzadas pola SXPL e que teñen como protagonista ao seu máximo responsable: Anxo Lorenzo.
O arcebispo de Santiago de Compostela entrevistouse con Anxo Lorenzo. Data 27/04/2010
O bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol e Anxo Lorenzo compartiron o seu interese en potenciar o uso desta lingua na actividade eclesial . Data 28/0572010
Despois de toda esta actividade eclesiástica estamos en condicións de aventurar con suficiente fiabilidade que nos dous ou tres vindeiros meses o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística vai entrevistarse cos bispos das dióceses que lle faltan: Lugo, Ourense e Astorga. Finalizada esta xeira Anxo Lorenzo estará a un paso da beatificación.Terá dura competencia no santoral, porque Lourenzos que foron santos hai moitos e moi principais. Sobre todo o primeiro, mártir, un dos sete diáconos de Roma que sería queimado nunha grella polos romanos. Hai quen, non sen certa mala idea, di que é o santo do churrasco.
Tendo en conta que o secretario xerall é Anxo de nome, pode acabar sendo San Anxo Lourenzo, o Exterminador. A data da súa celebración pode ser o 17 de maio e del as crónicas contarán o milagre consistente na eliminación do galego do ámbito educativo mediante un único decreto e as súas disposicións adicionais.
Recemos:
Salve, Oh Galicia caníbal,
a ti imploramos, nai normalizada.
Ofrecémosche un churrasco de secretario
pola salvación da nosa lingua.
Amén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario