Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 9 de xuño de 2010
Bernardino Graña: o novo académico
Por fin Bernardino Graña entra na RAG, levaba varios anos ás portas, e por fin llas abriron.
Segundo informa Galicia Hoxe, Bernardino Graña, que actualmente vive en Culleredo, onde a súa muller ten praza de mestra, regresará de novo á súa Cangas natal este sábado para ler o discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG), un acto que se celebrará ás doce do mediodía no Auditorio da vila do Morrazo.
Bernardino Graña, que cobre a vacante de Constantino García, foi elixido académico no 2009 a proposta de Fernández Rei e Ramón Lourenzo, voceiros dun movemento popular que reclamaba o ingreso de Graña coma un recoñecemento a un dos autores máis apreciados da poesía galega das últimas décadas.
Nacido no 1932, Bernardino Graña é coñecido sobre todo polos seus versos -con títulos emblemáticos como Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975) ou Se o noso amor e os peixes... (1980)-, se ben a súa traxectoria literaria abrangue practicamente todos os xéneros, e nestes últimos anos especialmente a narrativa.
PS: Despois do ingreso de Bernardino na RAG, Galicia Hoxe volve a publicar un artigo sobre o acto.
Destacamos as palabras do novo académico nun momento de máximo protagonismo social pola chegada do chamado Decreto do Plurilingüismo, que a Xunta porá en marcha o próximo curso: "como nos tempos de Franco. É o que hai cando goberna o Partido Popular (PP), que son claramente os discípulos do ditador. Seguimos nesa tesitura: loitando, que é o noso".
Etiquetas:
Bernardino Graña,
literatura,
RAG
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario