Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 18 de xuño de 2010

Na Xunta atopan a lingua galega

Manuel Bragado preguntábase onde quería Feijóo situar o status do galego pois denunciaba que a web da Xunta fixeron desaparecer a lingua como un dos símbolos de Galicia, que anteriormente aparecía xunto á bandeira, o escudo e o himno.
Despois da denuncia a Xunta rectificou. Isto demostra que non calar, que denunciar e poñer en evidencia é fundamental. De estarmos calados, ficamos amolados.
Porén, denuncia agora A Nosa Terra, a páxina web institucional aínda non rectificou no caso do Estatuto de Autonomía. Na versión anterior do portal, a lingua e o Estatuto ocupaban un lugar destacado como símbolos –xunto coa bandeira, o himno e o escudo– na sección “Goberno e Institucións”. A Xunta aproveitou o redeseño da web para restarlle importancia a ambos os dous ítems como símbolos do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario