Conexións é un programa de divulgación científica e tecnolóxica de uns 25 minutos de duración que se emite os domingos ás 15:20 na TVG1. Contradictorio que agora que se prohíbe impartir clases de ciencias en galego, a tele galega comence a emitir un programa de ciencia en galego. Claro que o día e hora de emisión non son os mellores para realizar realmente a divulgación. Gardarán o mellor horario da grella para o "Tantarantán".
O equipo do programa está formado por unha entrevistadora, Iolanda Vázquez, e polos divulgadores científicos Ramón Núñez, Xurxo Mariño e Javier Pedreira "Wicho". O novo espazo é unha produción da TVG con Adivina, en colaboración coa Dirección Xeral de Investigación, e proponse ser a revista audiovisual de todos aqueles aos que lles interesa mellorar a calidade de vida persoal e laboral, innovar nos negocios, optimizar os modelos produtivos e, en xeral, beneficiárense dos últimos coñecementos, as novas tecnoloxías e a investigación, nas áreas temáticas de ciencias naturais; tecnoloxías; biomedicina e saúde; matemáticas, física e química; humanidades e arte; ciencias sociais e comunicación, política científica e tecnolóxica. Nas diversas seccións do programa participarán xornalistas ou especialistas tecnolóxicos e científicos, e constará de reportaxes, monólogos, entrevistas, curiosidades científicas, novidades tecnolóxicas e outros recursos para facelo dinámico e onde cada espectador pode atopar a súa sección favorita.Tamén podedes consultar os programas mediante a aplicación de televisión á carta da TVG
Ningún comentario:
Publicar un comentario