O crowdsourcing é a combinación de traballo e recursos dunha gran cantidade de persoas a través dunha web e cun fin determinado.
O obxectivo da web de GalegoLab é promover novas ideas de actuación a prol da lingua galega, coordinar recursos para esas actuacións, e executar e diseminar os resultados das mesmas.
Se a Secretaría Xeral de Política Lingüística non realiza ningunha campaña a prol do galego, máis aínda, se está disposta a realizar campañas en contra, a sociedade ten que responder e ocupar ese espazo.
Se a Secretaría Xeral de Política Lingüística non realiza ningunha campaña a prol do galego, máis aínda, se está disposta a realizar campañas en contra, a sociedade ten que responder e ocupar ese espazo.
No Xornal de Galicia destacan as principais iniciativas desta nova plataforma:
Deste xeito, GalegoLab promove unha ferramenta informática do mesmo nome, a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, semellante á que, por exemplo, empregou Barack Obama no seu asalto á Casa Branca. Neste espazo web, preténdese promover e coordinar achegas de medios humanos, materiais e monetarios para levar adiante esas accións positivas, así como para colaborar en calquera outra que sirva tamén para a promoción do idioma propio.Galegolab comenzou hoxe a funcionar e xa ten varias propostas de acción que explican con claridade os seus obxectivos. A primeira delas, que realizará con medios propios ou mediante achegas vehiculadas a través da plataforma, consistirá nunha serie de concertos na Coruña e Vigo de grupos que empregan o galego, e que se complementarán con actividades paralelas en ambas as dúas cidades. Este proxecto, chamado Galego de Ida e Volta, xúntase a outro, 24 horas full screen, un concurso de vídeos de cinco minutos que “documenten a experiencia persoal de falar galego 24 horas diarias”. Ademais, outra idea máis, Galego Gym, pretende unha edición de músicas de difusión libre pensadas para todo tipo de disciplinas ximnásticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario