Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 7 de xuño de 2010

Unha nova pedra no orgullo do noso

Outra pedra máis entre as da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, orgullosos do noso, orgullosos do galego.
Neste caso presentamos unha magnífica peza, moi distinta a todas as anteriores, realizada polo ENDL do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, que elaborou o seguinte vídeo a través da técnica de “stop-motion”, animación gráfica de fotografías (fotogramas). Moita imaxinación, un uso fantástico de elementos simbólicos, boas doses de humor e retranca, e mesmo o rap de García MC, dos Dios ke te Crew.
Vía Linguason

Ningún comentario:

Publicar un comentario