Xa comenzou a aplicarse o decreto de plurilingüismo segundo denuncia a CIG-ensino.
O que esconde a idea do plurilingüismo, tan anunciado desde que se anunciou que se pretendía reformar o decreto do galego, era isto: eliminar o galego mediante a súa substitución polo castelán e o inglés.
De Avantar sacamos a seguinte nova:
A CIG Ensino de Compostela ten noticia que o CPR San José de Cluny de Compostela pretende eliminar o galego nas dúas liñas de primeiro curso do primeiro ciclo de Educación Primaria, concretamente na área de Coñecemento do Medio, na que as dúas liñas de primeiro curso entrarán dentro da sección bilingüe, co cal ningún neno ou nena poderá recibir esa materia na nosa lingua, o galego, que é a lingua que marca o decreto do plurilingüismo. “Se a isto lle sumamos que a plástica tamén entra nas seccións bilingües nos dous cursos, que áreas quedan para dar en galego e cumprir a cacarexada igualdade?” denuncian desde CIG-Ensino.
“A Consellaría de Educación, se permite isto, volve demostrar que entende por normalizar a nosa lingua”, aseguran
Ningún comentario:
Publicar un comentario