Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 26 de xuño de 2010

Presentación de "En castellano no hay problema" na Estrada

Despistóuseme a presentación do libro en Lalín de hai uns poucos días, pero recibín  a seguinte nota que anuncia o mesmo na Estrada.
A Plataforma “Queremos Galego!” da Estrada, no marco das actividades que está a desenvolver para defendernos dos gravísimos atentados contra a nosa lingua que está levando a cabo o actual goberno da Xunta de Galiza, acordamos levar adiante unha xeira de conferencias que tivera como obxectivo desmontar as calumnias e mentiras que está a usar o actual goberno do PP como coartada para exterminar ao galego. Con este fin imos celebrar a presentación dun libro do portavoz nacional da Plataforma, Carlos Callón, que se titula “En castellano no hay problema”. Este acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de xuño, ás 20:30 na sala de exposicións de Caixanova (A Estrada). Intervirá o propio autor, Carlos Callón e o portavoz da plataforma na Estrada, o escritor David Otero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario