Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 19 de xuño de 2010

Os sindicatos contra a orde dos centros plurilingües

Nin laboratorios de idiomas, nin aumento de profesorado de linguas estranxeiras para ter unhas ratios que melloren realmente a aprendizaxe das mesmas. O importante é diminuir o uso do galego no ensino, non o incremento da calidade de ensino en aspecto ningún.  A maioría sindical, representada pola CIG-Ensino, STEG e UXT, levantáronse onte á tarde da Mesa Sectorial do Ensino ao non estar disposta a Consellaría de Educación a retirar a orde que regula os centros plurilingües en Galiza. Estes tres sindicatos, que teñen o 70% da representación sindical, pediron que esta orde se substitúa por outra que garanta a consecución dun maior dominio nunha lingua estranxeira para o alumnado, pero que non caia nos erros que entende que comete a Consellaría.
Máis información: Vieiros

Ningún comentario:

Publicar un comentario