Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 1 de xuño de 2010

Esperando a Godot

De Esperando a Godot, obra de teatro de Samuel Beckett:
VLADIMIR: Entón, que facemos?
ESTRAGÓN: Non fagamos nada. É o máis prudente.
VLADIMIR:  Esperemos a ver que nos di.
ESTRAGÓN: Quen?
VLADIMIR: Godot.
ESTRAGÓN: Claro.

De min:
Estou esperando a que La Voz de Galicia informe sobre a campaña "orgullosos do galego" da Coordinadora Galega de ENDL.
Estou esperando a que La Voz de Galicia  informe sobre os recursos que interpuxeron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tanto a CIG, como a Mesa pola Normalización, como CC.OO., STEG e FETE-UGT para poñer aquí unha ligazón á nova. De momento, nada.
Estou esperando a que La Voz de Galicia  informe sobre a campaña deseñada polas tres universidades galegas: "Ciencia en galego".

Estou esperando a que todo o mundo deixe de ler La Voz de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario