Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 16 de xuño de 2010

Amabilidade lingüística


Mira que lle déramos voltas ao estraño concepto! Que será iso da amabilidade lingüística? Pesquisamos libros de sociolingüística, manuais de referencia sobre os usos da lingua nas sociedades, pero era imposible, non atopábamos ningunha referencia.
A resposta, mira ti como son as cousas!, estaba nun manual dun hotel, que pola pinta do manual non debe ser gran cousa, e que ademáis está aquí ao noso carón, como quen dí. Hotel Louxo La Toja, na Illa da Toxa.
Intento aclarar o do hotel. A ver, tal e como din eles é o Hotel Louxo La Toja, na Isla de La Toja. Pregúntome por que non é Loujo La Toja, logho.
Hai unha recomendación de cortesía que se ve ben clara: no hablar en gallego.
Así que a cortesía, a amabilidade lingüística era iso! Xa me parecía a min.
Vía Mil Primaveras Máis

1 comentario:

  1. Que conste, querido Cibrán, que primeiro o publiquei eu en Imos Indo porque mo mando a túa alumna Enma.

    ResponderEliminar