A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer hoxe o que considera un dos seus “proxectos estrela” para os próximos anos: o certificado Abertos ao Galego, que a maior asociación cultural de Galiza concederá a empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Segundo o presidente da Mesa, Carlos Callón, con esta iniciativa preténdese crear unha “rede de dinamización do uso do noso idioma no ámbito socioeconómico, que sirva de apoio e de referencia social”.
O proxecto lánzase hoxe conformado por 62 empresas.
O certificado Abertos ao Galego nace con catro graos diferentes: “O NIVEL UN é para quen está a dar os primeiros pasos; o NIVEL DOUS para quen xa utiliza o galego cara ao exterior; o NIVEL TRES para quen tamén o usa internamente (nóminas, contabilidade etc), e o NIVEL CATRO para aquelas entidades que ademais participan de forma especial en dinamizar o uso da lingua (p. ex., solicitando a información e a documentación en galego a provedores e administracións.)”
Carlos Callón recorda que, segundo os diferentes estudos de mercado elaborados en Galiza tendo en conta a variábel lingua, a inmensa maioría da sociedade ve con bos ollos o uso do noso idioma no ámbito comercial e empresarial e, ademais, “hai un segmento social que desexa optar por un consumo responsábel que teña presente o apoio a aqueles proxectos nos que se respecten os nosos dereitos lingüísticos”.
Xa que a administración non o fai,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario