Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 8 de xuño de 2010

Toupa.net

Ímoslle facer propaganda a esta empresa. Incluso deixaremos un vídeo que case é un spot publicitario. A razón é que Toupa.net, unha tenda virtual especializada en cultura galega que comezou a andar esta semana co apoio da Fundación CEL, da Confederación de Empresarios de Lugo.
O seu obxectivo é servir de canle de distribución dos produtos culturais feitos no país, principalmente por pequenas editoriais e discográficas que teñen complicado montar a súa propia tenda en liña. Teñen a exclusiva  serie os Módicos, libros impresos baixo demanda das editorais Rinoceronte, Urco, Positiva e 2.0.



Vía: A Nosa Terra

Ningún comentario:

Publicar un comentario