Xa anunciáramos no seu día que a plataforma Queremos Galego de Marín Marín establecera uns "Premios da Lingua". Agora vén de anunciar os gañadores, segundo informa A Nosa Terra. Pola outra banda, Queremos Galego decidiu outorgarlle o “Lingua de Trapo” á Autoridade Portuaria de Marín, “por ignorar e silenciar o idioma”. “O obxectivo pasa por penalizar actitudes contrarias á normalización do galego”.
A pena é que teña que estar Queremos Galego facendo isto. Que fan as administracións? Non pregunto pola Autoridade Portuaria de Marín, senón polo concello, a deputación, ...Portos de Galicia.
Ben, podedes retirar esta última institución, Portos de Galcia, tendo en conta que o seu presidente, Jose Manuel Alvarez-Campana Gallo, na carta institucional de benvida usa só o español.
Ningún comentario:
Publicar un comentario