Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 2 de xuño de 2010

O boletín censurado

Este de máis abaixo foi o boletín do ENDL do CEIP Boullosa de Tui que foi retirado do taboleiro do centro polo director co consentimento, o apoio e a presión do inspector de educación José Luis Fraga Boullosa. En concreto, este inspector ínstoulle ao director que tome medidas de todo o que entenda como "contrario ao ordenamento jurídico" (sic). Na súa argumentación expoñía que un Real Decreto segundo o cal os alumnos teñen dereito a que se lles "repete a súa liberdade da conciencia, as súas conviccións religiosas morais e ideolóxicas" (sic, outra vez).
Caramba co inspector... de educación?

Ningún comentario:

Publicar un comentario