Estou un pouco abrumado e creo que o único que me sae, e o menos que debo facer, é dar as grazas.
Grazas en primeiro lugar a Anxo e Gracia, pois este blogue non levaba máis que unhas poucas horas na rede e eles xa estaban falando del no seu magnífico Trafegando Ronseis. Non sei como o fan pero están atentos a todo o que pasa no mundo a respecto dos Dereitos Humanos, a violencia de xénero, a igualdade e a educación. E así lles vai, o seu blogue é un dos máis referenciados na rede.
Grazas tamén a Román Landín, que cheira todo o que exude normalización a millas de distancia. De haber un como el en cada centro de ensino teriamos asegurado o futuro da lingua na vindeira xeneración. Calquera de vós ocuparía máis que honrosamente as cadeiras que deixaron baleiras os coordinadores de normalización hai unha semana se non fose que a zunia instalada na consellería lle faría o traballo imposible; velaí tivemos o exemplo.
Grazas a todos eses membros de ProLingua que con toda celeridade se interesaron por este mou bloque para distribuilo nesa xa necesaria rede de amantes da lingua.
Grazas, en definitiva, a todos os descoñecidos que desinteresadamente están divulgado esta fiestra de promoción do galego que pretendemos ser. Sei que non o vou conseguir, pero intentarei non defraudarvos.
Grazas.
Grazas a ti por seguir na loita a pesar de todo, por compartirmos necesidades e crenzas.
ResponderEliminarSabemos que non defraudarás, sabemos que estárás no cume.
plas, plas, plas... ovación pechada!!
ResponderEliminar