Este curso comecei a impartirlles Economía en 1º de Bacharelato a oito alumnos. Dous falan sempre en castelán, un porque está instalado nel e o outro porque apenas é capaz de expresarse en galego, debido a que nunca o usa. Os demais empregan sempre o galego, o idioma deles, pero con moi mala calidade, o puente, o ajercicio e así, que lles corrixo sen desalento e poucos froitos. Como o decreto 79/2010 impide obrigarlles a usar o galego, advertín que podía rebaixar puntos polas incorreccións, nas dúas linguas, oralmente e nos escritos. É algo razoábel porque o instrumento de comunicación ten importancia, para alén de conflitos sociais de lingua. O Opus Dei facía iso no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago, con bos resultados. Entón dixéronme que cambiaban de idioma, porque en castelán non tiñan ese problema. Efectivamente, dominan máis ou menos o seu estándar, mentres que o do galego non.
Que máis din as normas? O artigo 4 do novo decreto enumera principios. Un é a “Garantía da adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia”. É un sofisma. Absurdo, paranoico e discriminatorio para o galego, porque a competencia nunha lingua non se logra en igualdade con nada, senón co esforzo, o tempo e as medidas necesarias para acadar esa competencia. Neste caso a suposta liberdade de uso e igualdade de linguas nas aulas garante o fracaso absoluto de todos eles no dominio do galego ao remate dos ciclos de ensino, que é o que esixe a Lei de Normalización Lingüística no seu artigo 14.

Ningún comentario:
Publicar un comentario