Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 1 de xuño de 2010

Censura a un equipo de normalización de Tui

Xa o dixemos moitas veces. O decreto non pode vir gratis, xa trouxo e polo tanto traerá da súa man censura e represión. Velaí vai outro exemplo. Fonte: cousas minhas
A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra tivo que intervir, para amparar a actividade do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui), despois de que o director do centro retirara en varias ocasións do taboleiro de anuncios, un boletín elaborado polo ENDL que reparte entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.
O curioso do asunto é que o director, que forma parte do ENDL, aprobou os contidos do boletín en cuestión, xunto co resto dos membros do equipo. O motivo de retirar o boletín do taboleiro, era, segundo se describe nos “Antecedentes” da resolución, que un pai protestou polo contido dunha páxina, que facía referencia a unha viñeta da revista Retranca, alusiva á política lingüística do actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo.
A resolución da Xunta de Personal Docente:

Resolución CEIP Randufe

Ningún comentario:

Publicar un comentario