Para o galego limitacións, prohibicións, barreiras, problemas, eliminación, restricción, redución,...
Trátase do debate da proposición de reforma do Regulamento para a ampliación do uso das linguas autonómicas na Cámara, feito polos partidos nacionalistas no Senado.Tirado da Nosa Terra:
O PSOE agardou até a última tarde de onte para rexistrar as súas condicións para que a iniciativa presentada por senadores de todos os grupos parlamentarios excepto o PSOE e o PP prospere.
Nas emendas, ás que tivo acceso Europa Press, os socialistas reclaman que o uso das linguas cooficiais nas sesións plenarios do Senado se limiten ao debate das mocións e non durante as sesións de control ao Goberno.
Outra das propostas dos socialistas incide en que a aplicación desta medida comece en xaneiro do 2011, co obxectivo de poder “reorganizar” o orzamento da Cámara para o próximo curso político e para que a medida non supoña ningún custe adicional.
O Partido Popular tamén rexistrou onte tres emendas á proposta co obxectivo de eliminar esta iniciativa á que se opón na súa totalidade. Segundo o PP a Constitución deixa claro que o uso das linguas cooficiais debe limitarse ao ámbito da súa comunidade autónoma e as súas institucións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario